Google Family Link é unha aplicación de controis parentais que che axuda a protexer a túa familia cando está en liña. Como cada familia se relaciona coa tecnoloxía dunha maneira distinta, deseñamos ferramentas flexibles para que elixas o equilibrio ideal para a túa e lle axudes a crear hábitos dixitais saudables. Emprega a aplicación para saber como usa o dispositivo o teu fillo ou filla, para ver a localización do seu aparello, para xestionar a configuración de privacidade e moito máis.
Con Family Link podes:
Establecer normas dixitais básicas
• Fixa os límites de tempo diante da pantalla que consideres adecuados para a túa filla ou fillo. Con Family Link podes definirlle límites diarios tendo en conta o horario lectivo e os tempos de descanso para que así faga un uso equilibrado do dispositivo.
• Xestiona as aplicacións do teu fillo ou filla dándolle certa flexibilidade. Establece límites de tempo para aplicacións concretas, pero non para as que sexan educativas ou de uso habitual. Tamén tes a opción de bloquear as que queiras.
Xestionar os filtros de contido, a seguranza e a privacidade
• Controla o que ve o teu fillo ou filla en liña grazas aos controis parentais en servizos de Google como Chrome, Google Play, YouTube ou a Busca. Family Link permite bloquear sitios inapropiados, requirir a aprobación para descargar aplicacións, xestionar os permisos de aplicacións e sitios web etc.
• Administra a configuración de datos e da conta infantil para maior protección. Como responsable, podes axudarlle ao teu fillo ou filla a cambiar ou restablecer o contrasinal, a editar a información persoal e a eliminar a conta.*
*Se supera a idade aplicable, poderá xestionar a súa conta.
Manter o contacto
• Consulta onde está o ou a menor. Sempre que leve o dispositivo, poderás saber a súa localización.
• Recibe alertas. Family Link enviarache notificacións críticas cando chegue a un lugar concreto ou marche de alí. Podes facer soar os dispositivos e ver canta batería lles queda.
Información importante
• As ferramentas de Family Link varían segundo o dispositivo. Tes unha lista de dispositivos compatibles en https://families.google/familylink/device-compatibility/
• Aínda que Family Link che axuda a xestionar as compras e as descargas en Google Play, a túa filla ou fillo non necesitará a túa aprobación para instalar as actualizacións (mesmo as que amplíen permisos), as aplicacións que aprobases ou as que compartises na Mediateca familiar. As aprobacións de compras só se aplicarán cando o neno ou nena compre a través do sistema de Google Play, non cando use outros sistemas de facturación. Os pais, nais ou responsables deberían revisar a miúdo en Family Link as aplicacións (e os permisos asociados) instaladas nos dispositivos que usen os e as menores.
• Examina as aplicacións do dispositivo supervisado e desactiva as que non queiras que utilice. Talvez non poidas desactivar algunhas preinstaladas (Google Play, Google…).
• Para ver a localización do dispositivo, teña a idade que teña a ou o menor, cómpre que estea acendido, con actividade recente e conectado a Internet mediante wifi ou datos.
• Os controis parentais de Family Link só están dispoñibles para contas de Google supervisadas. Con estas contas, a rapazada ten acceso a produtos de Google, como a Busca, Chrome e Gmail. A persoa responsable pode fixar normas dixitais básicas de supervisión.
• Aínda que Family Link dispón de ferramentas para xestionar a experiencia en liña das e dos menores, non fai de Internet un lugar totalmente seguro. Family Link non pode controlar o contido da Rede, pero permítelles aos pais e nais decidir como usa a cativada o seu dispositivo e determinar as medidas de seguranza en liña máis axeitadas para a súa familia.
Última actualización
30 de abr. de 2025